Bob Dylan

Modelo:BiografíaBob Dylan

(1963) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Robert Allen Zimmerman Editar o valor en Wikidata
24 de maio de 1941 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Duluth, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
ResidenciaMalibú Editar o valor en Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversity of Minnesota system (en) Traducir
Hibbing High School (en) Traducir
Sidwell Friends School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoCanto, música pop, Escrita creativa e profesional, folk, Blues, música rock, Gospel, Música country, Jazz e música popular Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Nova York Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncompositor de cancións, disc-jóckey, guionista, compositor, actor, locutor de radio, cantante, deseñador, escritor, letrista, produtor musical, poeta, actor de cinema, director de cinema, guitarrista, pintor, autobiógrafo, músico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1962 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock, Blues, Música country, American folk music (en) Traducir, folk-pop, country rock, folk rock, Rock cristão (pt) Traducir, Gospel, Americana (pt) Traducir e Jazz Editar o valor en Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioBob Dylan Editar o valor en Wikidata
TesituraBarítono Editar o valor en Wikidata

InstrumentoGuitarra, Harmónica, piano, voz, Richter-tuned harmonica (en) Traducir e nyckelharpa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoColumbia Records
Asylum Records Editar o valor en Wikidata
Participou en
13 de xullo de 1985Live Aid (pt) Traducir
1973Mariposa Folk Festival 1973 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeCarolyn Dennis (1986–1992)
Sara Dylan (1965–1977) Editar o valor en Wikidata
ParellaSuze Rotolo
Joan Baez Editar o valor en Wikidata
FillosJesse Dylan
 () Sara Dylan
Jakob Dylan
 () Sara Dylan Editar o valor en Wikidata
PaisAbram Zimmerman Editar o valor en Wikidata  e Beatrice Stone Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteUbuWeb
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webbobdylan.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001168 Allocine: 13055 Rottentomatoes: celebrity/robert_zimmerman Allmovie: p88557 TV.com: people/bob-dylan IBDB: 84040
Facebook: bobdylan Twitter: bobdylan Instagram: bobdylan MySpace: bobdylan Youtube: UCnRI0ay61tY-fKYzzB3fCnw BNE: XX821701 Souncloud: bobdylan Spotify: 74ASZWbe4lXaubB36ztrGX iTunes: 462006 Last fm: Bob+Dylan Musicbrainz: 72c536dc-7137-4477-a521-567eeb840fa8 Songkick: 408511 Discogs: 59792 Allmusic: mn0000066915 WikiTree: Zimmerman-1735 Deezer: 808 Genius: Bob-dylan Editar o valor en Wikidata

Bob Dylan, nado en Duluth (Minnesota) o 24 de maio de 1941 co nome de Robert Allen Zimmerman, é un cantautor e poeta estadounidense. Foi, durante máis de cinco décadas, unha das maiores figuras na música popular, sendo considerado un dos compositores e músicos máis influentes e prolíficos do século XX.[1]

Moitos dos máis soados traballos de Dylan datan da década de 1960, na cal se converteu nun cronista informal dos conflitos estadounidenses. Aínda que é ben coñecido por revolucionar o concepto dos límites da música popular en 1965 co single "Like a Rolling Stone"[2] de seis minutos de duración, algunhas das súas primeiras cancións, como "Blowin' in the Wind" e "The Times They Are a-Changin'", convertéronse en himnos antibélicos e dos movementos civís da época,[3] e a el nun artista popular e influente desde os anos sesenta ata hoxe en día. Un dos últimos álbums de estudio de Dylan, Modern Times, publicado en 2006, entrou directamente no primeiro posto da lista Billboard 200 e foi nomeado álbum do ano pola revista musical Rolling Stone.

As primeiras letras de Dylan incorporaban comentarios sobre a situación política e social ademais de referencias filosóficas e literarias que rompían coas convencións da música pop do seu tempo. Mentres expandía e personalizaba estilos musicais, mostraba unha firme devoción por moitas tradicións da música americana, desde o folk, o country, o blues, o gospel, o rock and roll e o rockabilly ata a música folk inglesa, escocesa e irlandesa, pasando polo jazz e o swing..[4][5]

Dylan aparece nas súas actuacións cunha guitarra, un teclado e unha harmónica. Apoiado por unha cambiante aliñación de músicos, permaneceu de xira de forma constante desde finais da década de 1980, no que veu a coñecerse como o Never Ending Tour (a xira interminable). Os seus logros no estudo de gravación e como artista foron unha dos acenos de identidade da súa carreira, aínda que xeralmente considérase que a súa maior contribución consiste na composición e escritura de cancións.[6]

Ao longo da súa carreira, Dylan foi recoñecido e honrado polas súas composicións, interpretacións e gravacións. Os seus discos valéronlle varios Grammys, Globos de Ouro e premios da Academia, e o seu nome áchase no Salón da Fama do Rock and Roll, o Salón da Fama de Compositores de Nashville e o Salón da Fama dos Compositores. En xaneiro de 1990, foi investido Cabaleiro da Orde das Artes e as Letras polo Ministro de Cultura de Francia Jack Lang. En 1999, foi incluído na lista das cen persoas máis influentes do século XX elaborada pola revista Time. No ano 2000, gañou o Premio de Música Polar da Real Academia Sueca de Música,[7] e en 2004 alcanzou o segundo posto na lista dos 100 mellores artistas de todos os tempos elaborada pola revista Rolling Stone, logo de The Beatles.[8][9] O 13 de xuño de 2007 foi premiado co Premio Princesa de Asturias das Artes,[10] e en 2008 recibiu un recoñecemento honorario do Premio Pulitzer polo seu "profundo impacto na música popular e na cultura americana, marcado polas súas composicións líricas de extraordinario poder poético". Neste contexto, desde 1996 diversos autores e académicos nomearon a Dylan para a candidatura do Premio Nobel de Literatura.[11][12][13][14] No 2016, Dylan recibiu o Premio Nobel de Literatura, "por ter creado novas expresións poéticas na gran tradición da canción americana".[15]

  1. Fundación Premios Príncipe de Asturias. Bob Dylan, Premio Príncipe de Asturias das Artes 2007 Arquivado 04 de marzo de 2012 en Wayback Machine.. Consultado el 1 de abril de 2011.
  2. Williams, Paul (1991). Bob Dylan: Performing Artist The Early Years 1960–1973. Underwood-Miller. ISBN 0-88733-131-9
  3. BBC news (11 de abril de 2004). "Dylan 'reveals origin of anthem'". Consultado o 1 de abril de 2009. 
  4. Entertainment Weekly (1 de outubro de 2001). ""Love and Theft"". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2006. Consultado o 18 de agosto de 2012. 
  5. The Village Voice (1 de outubro de 2001). "Intelligence Data: Bob Dylan's Love & Theft". Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2008. Consultado o 18 de agosto de 2012. 
  6. Gates, David (6 de outubro de 1997). "Dylan Revisited". Newsweek. Consultado o 8 de xuño de 2010. 
  7. Polar Music Prize (1 de maio de 2001). "Polar Music Prize, 2000". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2008. Consultado o 26 de agosto de 2012. 
  8. "100 Greatest Artists of all Time" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2011. Consultado o 26 de xaneiro de 2011. 
  9. Rolling Stone. "Bob Dylan". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2007. Consultado o 26 de agosto de 2012. 
  10. "Dylan Premio Príncipe de Asturias das Artes 2007". 13 de xuño de 2007. Consultado o 30 de xuño de 2009. [Ligazón morta]
  11. Expecting Rain (1 de outubro de 1996). "Dylan Formally Launched as Candidate for Nobel Prize". Consultado o 17 de outubro de 2007. 
  12. Journal of Oral Tradition (7 de marzo de 2002). "Dylan and the Nobel by Gordon Ball" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de agosto de 2007. Consultado o 22 de xullo de 2007. 
  13. CBS News (06-10-2004). "Dylan's Words Strike Nobel Debate". Arquivado dende o orixinal o 16-10-2013. Consultado o 07-09-2008. 
  14. Borchert, Thomas (21-09-2009). "Clamour grows for Dylan to be awarded Nobel prize". Monsters & Critics. Arquivado dende o orixinal o 28-06-2012. Consultado o 21-09-2009. 
  15. M. P., X. (13 de outubro de 2016). "Bob Dylan, premio Nobel de Literatura". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2016. Consultado o 13 de outubro de 2016. 

Developed by StudentB